Sóbe en cinco o número de positivos en 24 horas
CORONAVIRUS A LIMIA | Xinzo ponse de festa con 31 casos activos
17 de julio de 2021 (14:10 h.)
O Sergas vén de facer públicos os casos activos da comarca da Limia neste sábado 17 de xullo, no que a capital antelá comeza un dos seus fins de semana festivos por excelencia: o da súa patroa Santa Mariña.
Hoxe son cinco máis os casos activos, até chegar aos 31, case 20 máis dos rexistrados só sete día atrás.
O concello de Sandiás tamén volve a contar con positivos, un este sábado.
O resto dos municipios manteñen as cifras de onte venres:
- Xinzo de Limia: 31
- Os Blancos e Vilar de Barrio: 2
- Sandiás, Sarreaus, Trasmiras e Vilar de Santos: 1
- Con cero casos: Baltar, Calvos de Randín, Porqueira e Rairiz de Veiga