A capital antelá sitúase nos 36 casos
CORONAVIRUS A LIMIA | Xinzo e Sandiás, os únicos que soben
20 de julio de 2021 (16:38 h.)
Aínda que Xinzo de Limia semellaba onte que contiña o avance da pandemia, o Sergas vén de notificar hoxe un novo incremento, pasando dos 34 deste luns aos 36 do martes 20 de xullo de 2021.
Sandiás tamén incrementa o número de positivos, un máis, ata os dous.
O restos dos municipios quedan do seguinte xeito:
- Dous casos: Os Blancos, Trasmiras e Vilar de Barrio
- Un caso: Baltar, Sarreaus e Vilar de Santos.
- Con cero casos: Calvos de Randín, Porqueira e Rairiz de Veiga.