Nos demais concellos da comarca da Limia tampouco hai cambios
CORONAVIRUS XINZO | A capital limiá mantense no nivel medio de restricións
30 de abril de 2021 (15:02 h.)
O comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia acordou manter no nivel medio de restricións no concello de Xinzo de Limia.
Así, as medidas para a vila limiá seguirán sendo de aforo en terrazas ao 50 % e do 30% no interior. A movilidade entre concellos está permitida, agás a entrada ós concellos en nivel máximo de restricións.
Comarca
O resto dos concellos da comarca do Limia tamén manteñen o seu estatus, continuando en nivel medio-baixo, coas medidas restritivas que operan na data de hoxe.
Allariz e Verín
Tanto Allariz como Verín, ó igual que Xinzo, permanecerán no nivel medio de restricións.