A medida entrará en vigor a partir das 00:00 horas do sábado 21 de agosto
CORONAVIRUS XINZO | Xinzo de Limia pasa a nivel medio de restricións
18 de agosto de 2021 (21:16 h.)
Esta mañá, na xuntanza do comité clínico galego, os expertos informaron de novas referentes á situación epidemolóxica. Entre as recentes novidades incluíanse os cambios de niveis de diversos concellos.
Debido a baixada progresiva de casos positivos que experimentou Xinzo de Limia -pasando do seu máximo en agosto de 53 casos ata 28 na actualidade-, o concello deixará de estar en nivel alto e acadará o nivel medio. Esta medida entrará en vigor a partir das 00:00 horas do sábado 21 de agosto.
O resto de concellos da zona de A Limia permacerán en nivel medio - baixo ata novo aviso.