Na Alameda do Toural
Deporte e saúde da man no Xinzo Fit 21
24 de junio de 2021 (18:48 h.)
Deporte e saúde estarán presentes este verán en Xinzo de Limia. Volve o Xinzo Fit 2021 na Alameda do Toural a partires das 10:00 horas do próximo domingo, 27 de xuño. As actividades que se farán son: pilates, ritmos latinos, zumba, bailoterapia e body tono.
Os horarios para estas actividades son os martes e os xoves ás 20:30 horas e os domingos ás 10:00 horas.
Todas estas actividades son gratuítas, pero é necesario facer unha inscrición previa no enlace do QR ou antes de cada actividade. Asimesmo, é obrigatorio o uso da máscara.