No Bar Villasana
Dous segundos premios de Primitiva e Bonoloto este sábado en Xinzo
29 de junio de 2021 (20:30 h.)
A lotería deixa máis de cinco mil euros en Xinzo de Limia. O bar Villasana repartiu o pasado sábado un premio de segunda categoría de máis de 2.300€ na Primitiva e outro premio de segunda categoría de máis de 2.260€ na Bonoloto, ambos con cinco acertos.
Hoxe, volvían repartir outro premio de mil euros na localidade. O propio local, a través de Facebook, daba conta dos premios "estamos en racha", indicaban nas súas redes sociais.