NOTICIAS XINZO | O Concello de Xinzo ofrecerá axudas para alumnos de educación infantil
A volta ao colexio está cada vez máis cerca e con ela inícianse algunhas das convocatorias de subvencións para aquelas familias con nenos e nenas en idade escolar.
O Concello de Xinzo de Limia acaba de anunciar axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar destinadas a alumnos de educación infantil -de 3 a 5 anos- . Os estudantes deberán cumprir o requisito de estar matriculados en centros docentes públicos para o curso 2021 - 2022.
O importe por axuda será dun máximo de 75 euros por neno e poderán acollerse a elas aquelas familias que non superen un determinado nivel de renda e cumpran as restantes condicións que se determinarán na convocatoria.
Para solicitar a subvención será obrigatorio aportar as facturas xustificativas da compra de libros e material escolar, ademais da restante documentación indicada nas bases.
O executivo local aposta así por unhas axudas moi necesarias, sobre todo nesta época na que moitas familias se viron afectadas económicamente pola crise derivada da pandemia.