Elvira Lama reclama un reparto equitativo de Baltar as asociacións de comerciantes de Ourense
A grave crise derivada pola pandemia da Covid - 19 afectou de cheo aos comercios locais da provincia de Ourense. Para paliar esta situación, o Concello de Xinzo de Limia continúa co seu plan de axudas aos autónomos e comerciantes da vila. A última proposta foi a aprobación da devolución da taxa do lixo do 2020 aos autónomos da vila no pleno do 11 de xuño.
Con iso, a alcaldesa de Xinzo de Limia, Elvira Lama, acompañada por outros compañeiros de partido, solicitou, dende a Praza Maior da localidade, a creación dunha liña de axudas para as asociacións de comercio local da provincia baixo unhas condicións de "trasparencia, igualdade e equidade".
Os socialistas suxiren que esta idea é para poñer fin aos "repartos a dedo" de Baltar dende a Deputación de Ourense. Ademais, este grupo político demandará, na próxima sesión plenaria de xuño na Deputación de Ourense, o Plan Estratéxico do Comercio de Ourense en colaboración coas asociacións de comerciantes e centros comerciais abertos.
Lama asegura que con estas iniciativas o que se pretende é favorecer ao comercio porque "está a atravesar un momento crítico e moi difícil en todo o país, pero especialmente nesta provincia". Asimismo, dende o PSdeG - PSOE critican o "nulo" papel do Goberno de Baltar neste sentido asegurando que moitos presentaron iniciativas ante a Deputación Provincial e o único que obtuveron foi "a calada por resposta".