ENTREVISTA I Elvira Lama: "Dar estabilidade a un Goberno multicolor é proba do talante de todas as persoas que conformamos este grupo"
Licenciada en Xeografía e Historia, mestra de primaria e primeira muller alcaldesa de Xinzo de Limia que goberna en cuatripartito: Elvira Lama Fernández (Xinzo, 1963). Agora, cumple dous anos de mandato dende que chegou a Casa Consistorial da localidade.
Pregunta: Como resumiría vostede estes dos anos de lexislatura como alcaldesa de Xinzo de Limia?
Resposta: O resumo é bastante sinxelo e amplo. Sinxelo porque como política e como muller é un orgullo ser alcaldesa dos meus veciños e veciñas. A política municipal está ao carón das persoas e iso é importante para un político. Intentar solucionar os problemas que ten a xente. Nestes dous anos de lexislatura tocounos vivir un tempo moi difícil porque unha pandemia nos obrigou a deixar de lado unhas prioridades e uns proxectos para dedicarnos en corpo e alma para tratar de coordinar todos os servizos ao servizo da xente.
P: Cre vostede que consegiu mellorar a vida de todos os veciños de Xinzo? En que sentido?
R: Mellorar a vida dos veciños e veciñas trátase de estar ao seu carón, de escoitalos e, na medida das posibilidades, dar resposta a todas as súas necesidades que, a veces, son sinxelas e outras son máis difíciles porque levan anos esperando que lle den una resposta aos seus problemas.
P: Cal foi a súa medida estrela ou a máis eficaz durante este tempo?
R: Non hai medidas estrelas nun tempo tan complicado como o que nos tocou vivir. En principio, mudar un Goberno, logo de 16 anos, e empezar a darlle estabilidade a un grupo de goberno multicolor durante estos dous anos, é unha proba evidente do talante de todas as persoas que conformamos este grupo. En canto á medida estrela: acabamos de dotar de todos os servizos a pista Cepetal, Sitibal e a travesía do Bouzo. Paréceme que dotar a toda esa zona de todos os servizos con unha dimensión de estrada de 16 metros, beirarúas e saneamento e abastecemento e luminarias xa é un logro. Ao mesmo tempo, conseguimos financiación da Deputación e da Secretaría Xeral para o Deporte para acometer a reforma de todo o entorno da Moreira, un convenio a tres bandas de 367.000€ que vai a permitir un entorno seguro para todos os rapaces que se desprazan a Moreira.
Pero quizais o proxecto máis importante foi darlle cobertura e axudas para tratar de paliar as consecuencias da crise, aos autónomos, comerciantes e colectivos vulnerables que precisan de todos os recursos.
P: Que medidas tomou vostede para axudar aos hostaleiros e autónomos despois desta grave crise pola Covid - 19? Cre que foron as máis idóneas?
R: Dentro dos limitados recursos que ten este Concello, posto que a cidadanía sabe que ten un Plan de Axuste dende fai moitos anos e nos impide invertir todo o que nós quiséramos, púxeronse en marcha, por dúas veces, axudas aos autónomos por importe de 300€. Non é unha cantidade importante, pero si significativa que daría cobertura a unha das taxas dos autónomos. Seguidamente, aos hostaleiros decidiuse non cobrar a instalación de terrazas durante o ano pasado e este ano. No último pleno aprobamos unha axuda por importe duns 95.000 - 100.000€, non é unha cantidade fixa posto que se vai a delimitar unha partida para que os autónomos con establecemento aberto en Xinzo de Limia poidan solicitar a devolución da taxa do lixo do ano 2020. Seguramente, no ano 2021, si todo é posible, faremos o propio.
Tamén se puxeron en marcha medidas adicionais que foi a devolución da parte proporcional do ingreso da taxa aos feirantes por aquelas feiras que non se puideron celebrar no noso Concello que foron aproximadamente a metade do ano. Puxéronse en marcha campañas de promoción conxuntamente, ca Asociación de Comerciantes e Empresarios de ProLimia, campañas de Nadal onde se repartiron vales compra por importe de 9.200€.
P: Durante unha entrevista que mantido cun medio de comunicación en agosto do 2020, vostede declaraba que "houbo proxectos que se quedaron en stand-by por culpa da Covid - 19". Cales eran eses proxectos? Puido volver a retomalos? Xa están realizados?
R: Hai proxectos que levan o seu tempo porque dependen de financiación externa. En concreto, xa estaba redactado o ano pasado ese proxecto para a creación dun centro de Recollida e Tratamento de Plásticos Agrícolas. Do mesmo xeito, puxemos en marcha, en novembro do 2019, a primeira Feira da Maquinaría que houbo que pospoñela por mor da pandemia. Cremos que este ano vai ser posible, a primeiros de setembro, realizar a segunda edición desta feira que nós queremos convertela nun referente para toda España.
O mesmo tempo, houbo que deixar apartados proxectos como transformar a praza do Conservatorio, os apartamentos en superficie e temos en mente un paseo sobre o río Limia do cal esperamos financiación da Confederación Hidrográfica. Temos metido no Plan Urbe todo o que é a adecuación do espazo das rúas Lepanto, Galicia e Constitución, é dicir, todo o que é a Vía da Prata.
P: Despois de dous anos como alcaldesa de Xinzo, vemos como aínda as beirarias e rúas de Xinzo se atopan en mal estado. Cando ten previsto este Goberno poñer fin a esta situación?
R: Agora mesmo están acometendo o acodicionamento das rúas Lepanto, Galicia, Constitución, San Roque, rúa do Peto e Santamariña. Todas as que estamos a falar son rúas de pedra que non teñen beirarúas. Están en mal estado porque soportan tráfico pesado. A idea deste grupo de Goberno, na media do posible, é humanizar todas esas rúas do centro e retirar o tráfico pesado delas.
Por outra banda, si que hai beirarrúas que están nun estado lamentable porque levan máis de 30 anos sin ningún tipo de inversión nin mellora. O que si temos que facer é priorizar naquelas que son máis urxentes.
P: Cando se estreou como alcaldesa de Xinzo puxo en marcha a campaña "Xinzo Limpio en marcha", Cre vostede que Xinzo está máis limpo?
R: Non o creo eu senon que mo dicen as veciñas e veciños. Agora mesmo ante a imposibilidade de acometer con recursos propios todo o que é a limpieza viaria, está contratada unha empresa externa ao Concello que intensifica esas labores de limpeza. Estamos recibindo axudas da Deputación de un camión cisterna baldeador que ven todos os venres para baldear as rúas da localidade que nos costa uns 20.000€ anuales. Ao mesmo tempo, pensamos que non só a limpeza é o fundamental, senon tamén o ornato. Encher as rúas e as beirarrúas de xardineiras tamén redunda na calidade de vida dos veciños.
P: Fai uns días, en concreto, o 12 de maio, o PP colgaba na súa páxina de Facebook unhas fotos denunciando o lixo que hai no chan e nas papeleiras do Parking Municipal. Como é posible que o Parking se encontre nesas situacións?
R: Na entrada municipal do Parking Municipal prodúcese un feito determinado que é que moitas veces se amorea por remuiños de vento todo o que son follas, bolsas de chucherías ou papeis que se arremolinan na entrada e no acceso ao que é a propia instalación. De todos os xeitos, non está sendo acometida unha limpeza diaria dese entorno posto que, de momento, o Concello non ten asumido a súa explotación.
P: Durante a entrevista que mantivo, como comentaba antes, cun medio de comunicación, vostede criticaba o excesivo gasto que había durante os anos 2017, 2018 e 2019. Logrou vostede reducir ese excesivo gasto? ¿En que aspectos?
R: Hai veces que o gasto é excesivo. Este Concello ten unha elevada carga de persoal, non quere decir que non sexa necesario, pero si excesivo porque consume máis do 50% dos recursos totais do orzamento. Dito esto, si que é verdade que hai falta de persoal en moitas áreas e refiérome a áreas de personal que están continuamente nas rúas. Excesivo gasto porque moitas veces non se gastaba de forma axeitada porque, baixo a nosa opinión, os recursos hai que dedicalos a todos por igual. Cando nos chegamos había catro tractores desbrozadoras quietos no almacén da brigada. Nós o que fixemos ao chegar a este Concello foi poñer os catro a funcionar. Iso significa ter traballando tres - catro persoas todos os días.
P: O 15 de maio saía publicada a noticia de que o PPdG de Xinzo acusa ao seu goberno de "enganar" ao Ministerio de Facenda para cadrar as contas e aprobar os orzamentos. Por que a acusan disto?
R: É máis ben unha crítica que unha acusación. Si teñen sospeitas de calquer cousa o que teñen que facer é acudir as vías que hai que acudir. En todo caso, as modificacións que se fan do orzamento son modificacións que están contempladas na lexislación vixente. Tiven que negociar co Ministerio de Facenda en outubro do 2019 que non podía cumprir ca obriga de reducir o gasto corrente e o gasto de persoal nun 5% como, por certo, lle levaban esixindo anos atras e que eles fixeron caso omiso. Este ano, igual ca outros concellos, o que fixemos foi incorporar unha remanente de tesouraría que nos está dando folgos para facer fronte a gastos de competencias impropias. Dito sea, non recibimos ningún só euro adicional de financiación por mor da Covid - 19 de ningunha administración.
P: Conta vostede co apoio do persoal laboral deste Concello?
R: Si. Co apoio e o respeto do persoal deste Concello posto que cada un está ocupando un posto de traballo que é darlle servizos aos veciños e veciñas desta localidade.
P: Fai uns días, o sindicato con máis representación deste Concello, a CIG, convoca unha concentración fronte ás portas da Casa Consistorial porque denuncian unha "violación ao dereito á negociación colectiva" e a aprobación dos presupostos para 2021 sen "unha aprobación sindical". Por que esta acción? Parécenlle xustas as reivindicaciones da CIG? Chegou a un acordo cos traballadores desta Corporación?
R: Os traballadores teñen dereito a expresar libremente as súas manifestacións. Non houbo falta de negociación, houbo unha mesa de negociación donde a CIG, como sindicato maioritario, quería impoñer unha serie de pautas. Posteriormente a esa concentración, xa houbo unha mesa de negociación onde esta alcaldesa e o resto do grupo de Goberno conxuntamente cos técnicos desta casa estamos a levar a cabo o que son os inicios da aprobación dos postos e da RPT.
P: En unha noticia, en relación con este asunto, que se publicou nun medio de comunicación, aparecía unhas declaracións súas dicindo o seguinte: "El número de efectivos de personal laboral en alguno de los servicios es insuficiente, como así lo demuestran las reiteradas y prolongadas bajas laborales. Nadie cuestiona una baja médica, pero hay gente con bajas de más de diez meses". Segundo datos que nos proporcionan de maneira confidencial, durante o Goberno de Antonio Pérez só houbo sete baixas laborais. Sen embargo, no pasado mes de abril deste ano, había dez baixas laborais. Por que este problema das baixas reiteradas?
R: Non podo explicar este problema. Simplemente recibo un parte cas ausencias do persoal, as ausencias reflexan cales son as causas: compensacións, permisos, vacacións ou baixas e lóxicamente, non vou a cuestionar unha baixa médica. O que teño que facer é darlle resposta a cando o persoal non é suficiente, adoptar as medidas oportunas que para iso estou nesta alcaldía.
P: Cambiando de asunto, está á volta da esquina o verán. Que actividades ten programadas o Concello para a mocidade? Haberá máis espazo para o feminismo? Que proxectos teñen por riba da mesa para que toda esa xuventude que está lexos volva á vila? Haberá Esquecemento este verán?
R: As actividades do Concello para a mocidade son máis ben poucas porque sempre pensamos na conciliación para aqueles rapaces que teñen menos de 14 anos. O concelleiro de Cultura e Mocidade está mirando que tipo de actividades serían interesantes para facer: dende pintura en murais, obras de teatro ou incluso algún tipo de expresión artística.
En todos os colexios se levan campañas de concienciación de talleres respeto a igualdade e o papel da muller. Estou segura que nos CEIP se fan este tipo de actividades en torno a igualdade. Penso que só dende a Educación podemos chegar a implantar o que é o feminismo para acadar a igualdade real.
Si algo destapou esta pandemia é que moitas veces se pode teletraballar. Co cal, podes traballar para unha empresa en Madrid, pero non necesariamente tes que residir alí. Ademais, estase instalando fibra óptica na maioría dos núcleos rurais. Este ano está adxudicada unha partida para desplegala acá en Baronzas, a rúa de entrada desta parte do pobo e en todo o casco vello que non tiña boa conexión a Internet. O resto de Xinzo e algún núcleo terá que esperar ata o ano que vén a unha nova adxudicación porque isto é a través de fondos FEDER ás compañías multinacionais. Ao mesmo tempo, está en fase de licitación a ampliación do Polígono Industrial que vai a dar cabida a que novas empresas se instalen neste entorno.
Si, haberá Esquecemento este verán. En principio, si. Aínda que dependemos moito da situación epidemiolóxica de cada momento. O que o mellor non haberá campamento en si, pero si que haberá outro tipo de actividades complementarias do que é o Esquecimento.
P: Para ir rematando, Volvería a repetir, si puidera, un cuatripartito en outra ocasión?
R: Non sería ningún tipo de problema. A evidencia está por riba da mesa, ninguén daba un duro por este grupo de Goberno. Sen embargo, levamos dous anos no que hai que ter moito talante, moita man esquerda e moitísima humildade e ganas de traballar por o teu pobo.
P: Cando se converteu en alcaldesa de Xinzo e co bastón de rexidora xa na man vostede declaraba que "estamos dedicados a cambiar este pobo para sempre sen sobresaltos e dun xeito tranquilo e sosegado". En que cambiou Xinzo desde que vostede é alcaldesa?
R: Simplemente o talante desta alcaldesa o ter as portas abertas, responder os teléfonos ante calquer dúbida de calquer veciño. Está claro que a forma de gobernar non é a mesma, pero ao mesmo tempo son pequenos detalles. Na praza Carlos Casares había unha fonte que moita xente non sabía que a había. Moitas veces é a actitude: que un pobo teña cor, que esté limpo e ordenado, melloras nas rúas, que fagamos todo o esforzo posible por mellorar as condicións urbanísticas das distintas zonas do pobo. Todo iso, son formas de gobernar.
P: Para poñer fin, Que mensaxe lle mandaría a toda a cidadanía de Xinzo?
R: Un mensaxe de optimismo porque estivemos nuns momentos moi complicados e ca súa extraordinaria responsabilidade e colaboración logramos saír adiante. Todo isto ten que servirnos de lección porque só dende a responsabilidade, a colaboración individual e colectiva faremos de Xinzo un pobo san, un pobo mellor, saudable e un Xinzo para todos e todas.