O desfile volve ao seu día e hora tradicionais, o martes de Entroido pola tarde

ENTROIDO XINZO 2024 | O concurso de disfraces e carrozas repartirá 3.000 euros en premios

Carrozas, comparsas, grupos pequenos e disfraces individuais optarán aos premios do concurso.

O Entroido de Xinzo trae consigo dous grandes desfiles que reunen a xentes de toda a comarca. O Desfile infantil, unha das actividades máis emotivas dos festexos entroideiros, que terá lugar o vindeiro venres, 9 de febreiro, e no que participarán máis de 1.000 escolares de toda a contorna.

E, por outra banda, o Gran Desfile do Entroido de Xinzo, que este ano terá lugar o martes, día 13, pola tarde; voltando así ó seu día e hora tradicionais. Nesta edición, o concurso de disfraces e carrozas outorgará premios por valor de 3.000 euros, repartidos en tres categorías diferentes:

  • Carrozas con estrutura: 1º de 900€ e 2º de 500€.
  • Comparsas de 8 ou máis integrantes: 1º de 800€ e 2º de 400€.
  • Individuais ou grupos de menos de 8 integrantes: 1º de 300€ e 2º de 100€.

 

Como participar 

Para participar no concurso, ben nalgunha das categorías ou ben formando parte do xurado, é preciso contactar co Concello de Xinzo antes do día 08 de febreiro ás 12:00 horas. A inscrición no concurso realizarse cubrindo o formulario no que se recollerán os datos necesarios: número de compoñentes, categoría inscrita, temática do disfrace, etc., que estará dispoñible na páxina web do Concello de Xinzo de Limia. Páxina na que se atopan as bases do concurso.

Poderase contactar co Concello vía email (cultura@xinzodelimia-ayto.com), por teléfono (604 033 595 - Ricardo Sieiro) ou de xeito presencial na Biblioteca da Casa da Cultura, en horario de 10:00 a 13:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas.