Unha obra composta pola recopilación dos seus mellores artigos

Gonzalo Iglesias Sueiro presenta o seu novo libro "Reflexiones en el último milenio"

Presentación literaria de Gonzalo Iglesias Sueiro.

O autor Gonzalo Iglesias Sueiro presentará o seu segundo libro, "Reflexiones en el último milenio", o vindeiro sábado, 25 de xaneiro de 2025, ás 18:30 horas na Biblioteca Municipal Antelana.

A obra é unha coidada recompilación dos mellores artigos do autor, que invitan ao lector a reflexionar sobre o paso do tempo e os grandes cambios sociais, culturais e históricos.

No acto participarán destacados intervintes que acompañarán ao autor nesta presentación:

  • Amador Díaz Penín
  • Alfonso Carlos Lois Suárez
  • Maribel Outeiriño Rodríguez
  • Xesús Alonso Montero
  • Gonzalo Iglesias Sueiro

 

O evento, organizado coa colaboración do Concello de Xinzo de Limia a través da súa Concellaría de Cultura, será unha oportunidade única para coñecer de preto as motivacións e o proceso creativo detrás desta obra, así como para interactuar co autor e os invitados.

A entrada é libre ata completar aforo.