NOTICIAS A LIMIA | Xinzo gozará de investimentos para a mellora da rede viaria
O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, e o subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González, realizaron esta mañá unha visita institucional ao Concello de Xinzo de Limia donde se reuniron coa a alcaldesa de Xinzo, Elvira Lama, e diversos concelleiros. Unha visita que están a realizar por diversos puntos de Ourense co obxectivo de poñer o valor o traballo e o esforzo que realizan os concellos pola mellora común do pobo.
Na xuntanza resaltáronse principalmente catro propostas relacionadas coa renovación da accesibilidade viaria do concello, a mellora da rede hidrográfica, a actualización da rede de telecomunicacións no plano rural e o apoio á eficencia enerxética.
Na primeira, a alcaldesa expuxo a necesidade de acometer obras de reforma e mobilidade nas dúas vías de acceso ao concello -como son a Avenida Madrid e a Avenida de Ourense- . Planéase a renovación dos sistemas de saneamento e abastecemento da marxe dereita da Avenida de Celanova, dotar dun carril bici de dobre sentido aos viais de acceso da mesma e construír as beirrarúas que quedaran xa pendentes á marxe esquerda. Na Avenida de Madrid tamén se quere iniciar a creación de beirarrúas en ambos sentidos. Según o delegado do Goberno en Galicia, o plan abarca uns tres kms aproximados de carreteira nacional e está incluído dentro dun proxecto de prioridade para o Ministerio.
Co obxectivo de paliar a denominada "España vaciada", tamén se puxeron na mesa unha serie de plans de mellora das redes de telecomunicación do rural. O obxectivo é a colocación de fibra óptica en diversos puntos de aldeas e pobos limáns, calculando aproximadamente unha instalación para máis de 40 vivendas no ano 2021. Para o 2025, o Goberno de Galicia ten coma obxectivo que o 100 % da poboación galega poida ter acceso á rede - plan no cal xa hai unha inversión de 250 millóns de euros- .
Levaránse a cabo obras de infraestructuras da propia Confederación Hidrográfica, co obxectivo de mellorar a rede hidrográfica de Xinzo. Medidas que formarán parte dun plan valorado en máis dun millón e medio de euros.
Tamén se resaltou a necesidade de investir en eficiencia enerxética no municipio limián, é por iso que o mesmo se beneficiará dun investimento de 2 millóns para adquisión de luminarias. Calcúlase que o cambio permitirá aforrar ao concello máis de 200 mil euros, os cales se poderán destinar a outros servicios de mellora.