NOTICIAS A LIMIA | Xinzo mellorará as zonas de xogo dos parques infantís
O Concello de Xinzo de Limia acaba de iniciar unha terceira fase de actuación no relativo ás melloras do equipamento dos parques infantís do Toural e do Pombal e no parque da gardería. O plan contará cun orzamento de 18.101 euros destinados a reparación e substitución dos elementos de lecer infantil.
No tocante ao parque do Toural, os traballos principais centraranse en arranxar as pezas deterioradas das estruturas da zona de ocio infantil. Repararanse as dúas casetas e cambiaranse diversos compoñentes do circuito de equilibrio ou do equipo de habilidade -como plataformas ou escaleiras- .
No relativo á gardería, a maior parte de tarefas daranse nas torres de xogo e nas casiñas con tobogán do patio traseiro. O obxectivo é substituír as plataformas das torres por outras novas e reparar gran parte dos elementos das casiñas -sobre todo nos laterais dos tobogáns- .
No parque do Pombal -zona destinada ao ocio infantil de nenos moito máis pequenos- retirarase a trepa e o equipo combinado debido ao mal estado no que se encontran.
O Concello xa realizara fai meses unha serie de tarefas de mantemento en espazos infantís, o cales abarcaran a segunda etapa de actuación. Durante a primera fase instaláranse unha serie de peches que delimitaban o parque coas zonas de tránsito co obxectivo de mellorar a seguridade dos cativos.
O seguinte plan sería poder reparar e cambiar todos os elementos deteriorados das zonas de xogo do rural e construír novos parques naqueles lugares que non dispoñen deste tipo de espazos -en moitas ocacións os nenos vense obrigados a desprazarse para xogar- .