O 25 - N realizarase unha concentración na praza Maior da vila

NOTICIAS A LIMIA | Xinzo estreará sinais de "tráfico" contra a violencia machista

Cartel da concentración do 25 - N contra a violencia de xénero no Concello de Xinzo.

O xoves 25 - N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, o Concello de Xinzo de Limia, en colaboración co Grupo de Desenvolvemento Rural, amosará o seu compromiso de loita contra a violencia de xénero ofrecendo unha concentración pública e lectura dun manifesto na praza Maior da vila ás 12:00 horas.

"Non peches os ollos" é o lema e a imaxe que leva a campaña de este ano a prol da concienciación entre a poboación sobre este tipo de violencias. A iniciativa tamén porá a disposición do público un punto de información aberto de 10:00 a 13:00 horas nese mesmo día e lugar. 

Co obxectivo de que a loita non se olvide pasado o mes de novembro, o concello instalará, en diversos puntos da vila, unha serie de sinais similares ás que regulan o tráfico e nas que figurarán mensaxes de repulsa a esta lacra social.