O investigado fora sorprendido conducindo pola nacional 525
NOTICIAS A LIMIA | Investigan a un veciño de Xinzo por circular co permiso de conducir caducado
25 de noviembre de 2021 (10:12 h.)
Segundo a información obtida do Xulgado de Xinzo, a Garda Civil do concello tomou declaracións a un veciño de 35 anos da vila coma presunto autor dun delito contra a seguridade vial
Ao parecer, o investigado fora sorprendido conducindo un vehículo pola nacional 525 a pesares de non contar co seu permiso de condución en vixencia.