NOTICIAS A LIMIA | Aberto o prazo de matriculación para o CMUS de Xinzo
O Conservatorio Profesional de Música de Xinzo de Limia anunciaba hoxe a través das redes sociais a apertura das datas para a súa matriculación. A inscripción poderá realizarse dende este luns día seis ata o martes 14 de setembro vía online -a través do seu correo cmus.profesional.xinzo@edu.xunta.es- , presencialmente ou mediante chamada telefónica ao centro -698 137 492 ou 600 435 655- . O horario de atención ao cliente será de luns a venres de 15:30 a 20:30 horas.
O centro ofrece a titulación oficial de grao elemental -que conta con catro cursos de duración- e de grao profesional -de seis cursos- para especializarse en diversos instrumentos como o acordeón, guitarra, violín, viola, frauta traveseira, tompeta, clarinete, trombón, saxofón, piano, trompa e tuba.
Os nenos de seis anos poderán acceder ao curso de música e movemento, os de sete ao curso de iniciación musical e, a partir da idade de oito anos, xa se lles permitirá a inscripción no primeiro curso de grao elemental.
O prezo da matrícula será variable segun a situación de cada persoa -en función do grao no que se inscriba un, según as asignaturas a impartir e materias pendentes a recuperar, se se quere realizar o curso completo ou non...- deberase preguntar á hora de realizar os trámites. Poderanse solicitar axudas para o pagamento das taxas, neste caso corresponderían as becas do Ministerio para a ensinanza artística de grao profesional.
No tocante á adxudicación de prazas, o dictamen que se seguirá será según o da Ordenanza Municipal. Dotarase dunha determinada puntuación aos matriculados seguindo unha serie de criterios determinados, por exemplo, dará puntos estar empadroado en Xinzo de Limia. Os alumnos que xa estiveron o ano pasado no centro gozarán de preferencia.