NOTICIAS A LIMIA | Bases das axudas destinadas á adquisición de libros de texto e material escolar de educación infantil
O Boletín Oficial da Provincia de Ourense -Nº 197, do venres 27 de agosto do 2021- acaba de publicar as bases reguladoras para a concesión de subvencións dirixidas á adquisición de libros de texto e material escolar para o alumnado de Xinzo de Limia.
As axudas irán destinadas aos nenos e nenas matriculados en centros docentes públicos de educación infantil durante o curso escolar 2021 - 2022, cunha idade comprendida entre os tres e os cinco anos. O importe da contía será o mesmo para todos aqueles con dereito á subvención- a cifra non superará os 75 euros por alumno- .
Para optar a estas subvencións hai que pasar por unha serie de normas base: a persoa solicitante e o alumno teñen que estar empadroados en Xinzo de Limia, débense de cumprir os requisitos para ser unha persoa beneficiaria -recollidos no artigo 10 da Lei 9/2017, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia- , a renda per cápita familar ten que ser igual ou inferior a 8.125 euros ou de 7.500 euros no caso de monoparentais, toda a unidade familiar debe estar ao corrente das obrigas tributarias e non tributarias coa facenda local e cumprir coas demais obligacións fronte á Facenda autonómica, estatal, e na Seguridade Social.
Ademais da solicitude correspondente -dispoñible no BOP de Ourense ou na web e sede electrónica do Concello de Xinzo de Limia- haberá que entregar unha serie de documentación adicional: a fotocopia do DNI, NIE ou pasaporte de toda a unidade familiar, as facturas acreditativas do gasto relativo á compra dos libros de texto ou material escolar, o certificado de titularidade da conta corrente onde se desexe recibir a subvención, a copia do libro de familia ou da documentación oficial acreditativa dos membros da unidade famliar e a fotocopia da declaración da renda de toda a unidade. Naqueles casos de divorcios, facelementos, custodias compartidas, grado de discapacidade, pensionistas ou xubilados, deberase incluír a documentación pertinente que a acredite.
As solicitudes deberán presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Xinzo de Limia -ou en calquera dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas- . Poderán realizase de xeito presencial ou telemático a través da sede electrónica do concello. O prazo de entrega será de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no BOP. Estará a disposición da cidadanía o Departamento de Servicios Sociais do concello para os casos nos que se necesite a axuda para cubrir toda a documentación.
Con estas axudas, o Concello de Xinzo de Limia ten como obxectivo paliar os gastos que supón a escolarización dos cativos para moitas familias e así contribuir a economía dos mesmos.