NOTICIAS A LIMIA | Os contaxios seguen a baixar en Xinzo, mentres que no resto da comarca o aumento é leve
Este xoves o número de casos activos de covid no conxunto da comarca baixou até os 504. Os contaxios rexistrados caeron en Xinzo até os 301. Son 18 menos que onte. No resto de concellos, hai 5 máis. Son 203 casos, o máximo rexistrado até hoxe durante a sexta onda.
Así están os rexistros
BALTAR (variación +2) 17 (activos)
OS BLANCOS (=) 12
CALVOS DE RANDÍN (+1) 6
PORQUEIRA (+2) 23
RAIRIZ DE VEIGA (+1) 27
SANDIÁS (=) 41
SARREAUS (+1) 24
TRASMIRAS (=) 17
VILAR DE BARRIO (=) 14
VILAR DE SANTOS (=) 22
XINZO DE LIMIA (-18) 301
En Xinzo van catro días consecutivos de baixada, polo que parece que a sexta onda xa superou o pico. Mentres, no conxunto da comarca, dado o peso da poboación de Xinzo, o pico tamén parece superado malia que nos concellos pequenos a incidencia segue a sumar casos.
Os Blancos, Trasmiras, Sandiás, Vilar de Santos e Vilar de Barrio non viron incrementada hoxe a cifra a respecto de onte.
Mañá haberá unha nova queda de cribados na Casa do Concello de Xinzo. Na de onte, segundo informa o SERGAS, detectáronse 4 casos positivos.