SOBEN EN TODOS OS CONCELLOS AGÁS BALTAR E VILAR DE SANTOS

CORONAVIRUS A LIMIA | A covid-19 segue disparada en Xinzo cun 37,5% de novos casos en dous días

Centro de saúde de Xinzo.

Nos últimos cinco días os casos activos de covid-19 rexistrados en Xinzo de Limia multiplicáronse por dous. Este venres, a cifra ascende até 271 contaxios no termo municipal, un 37,5% a respecto do pasado mércores. En números netos, 74 máis. A taxa de incidencia do día sobe até os 2.800 casos por cada cen mil habitantes. A estatística estaría a rexistrar os efectos das reunións das festas das últimas semanas. 

No resto da comarca limiá, as cifras tamén seguen subindo. Hai tres concellos (Sandiás, Sarreaus e Trasmiras) con 15 positivos en cada un deles. O que máis sobe é Sandiás, que pasa de dez (o mércores) a quince hoxe. Aínda que relativamente é Porqueira o concello que experimenta maior subida: pasou de 1 a 5 casos. O único concello onde baixan as cifras é Vilar de Santos, que tiña 6 o mércores e hoxe anota 5. Baltar mantense en 11 positivos. En total, na comarca hai 367 casos. 96 casos novos no resto dos concellos, nos que a subida en dous días foi do 33%.

Así están os rexistros:
    • Baltar: 11 
    • Os Blancos: 13 (+3)
    • Calvos de Randín: 1 (+1) 
    • Porqueira: 5 (+4)
    • Rairiz de Veiga: 9 (+3)
    • Sandiás: 15 (+5)
    • Sarreaus: 15 (+3)
    • Trasmiras: 15 (+4)
    • Vilar de Barrio: 4 (+1)
    • Vilar de Santos: 5 (-1)
    • Xinzo da Limia: 271 (+74)

A presión hospitalaria desta sexta onda está sendo menor que as anteriores. Así, na Área Sanitaria de Ourense, o Sergas informa que, con datos do 6 de xaneiro, hai 60 persoas ingresadas e 6 en coidados intensivos pola covid-19. A afección á saúde está sendo máis leve na gran maioría dos casos.