NOTICIAS A LIMIA | Emoción e sorpresas na presentación do libro "A Raiña Loba" en Laroá
Hoxe ás 18:00 da tarde no local social de Laroá -Xinzo de Limia-, os veciños e veciñas do municipio realizaron un pequeno acto sorpresa para homenaxear escritor limiá Manolo Xiri, xustamente no día de presentación da súa obra literaria "A Raíña Loba".
A banda de gaiteiros de Laroá, xunto a diversos veciños, amigos e compañeiros de Manolo, esperaron pacientemente a chegada do autor para recibilo entre música e aplausos. Durante a xornada realizouse unha lectura do conto por parte de diversos voluntarios e coñecidos de escritor, acompaña dunha proxección coas imaxes da obra. Posteriormente, varios amigos do homenaxeado realizaron un breve discurso no seu honor. As emocións e as sorpresas foron un continuo en todo o acto.
O acto contou coa colaboración da Asociación de Mulleres do Rural e do Centro de Desenvolvemento Rural de Lodoselo, a prol do desenvolvemento de actos que contribúan a dar voz á cultura e ás historias e vivencias da xente do rural.
A obra de Manolo está inspirada nunha lenda que lle contara un dos seus veciños, O Pancho, cando él era só un cativo. A historia narra un conto popular moi coñecido no Concello de Os Blancos, o cal ten coma protagonistas a unha muller lobo e aos veciños do pobo que habitaba. Cóntase que, nun dos penedos da vila de Penalonga, A Raíña Loba tiña atemorizados a tódolos habitantes, obrigándoos a entregarlle as súas pertenzas e bens como parte dunha paga para non facerlles dano. Os homes e mulleres, cansos de pasar fame por mor das ofrendas, deciden enfrontarse á besta e resultan vencedores. Pero a época de esperanza dura pouco dura, pois os fidalgos ocupan o lugar abusivo da loba.