NOTICIAS A LIMIA | Elixidas só mulleres para os postos de dirección, administración e docencia do Obradoiro Vía da Prata
O Concello de Xinzo de Limia acaba de informar hoxe da publicación dunha notificación colectiva do decreto de alcaldía no que se expón a baremación definitiva dos méritos e da puntuación total do proceso selectivo de director, administrativo, e monitores docentes de albanelería e xardinería para o Obradoiro de Emprego Vía da Prata.
Especifícanse os aspirantes seleccionados para os diferentes postos laborais que, casualmente, son todas mulleres. Para a categoría de directora quedan en reserva catro candidatas, en administración soamente se dipón dunha elixida para substitucións, e para os dous postos de monitoras docentes non hai ninguén en reserva.
Pódese recurrir ante a publicación, ben mediante un recurso de reposición potestativo ante a alcaldía de Xinzo de Limia -tendo como prazo límite un mes- , ou interpoñendo directamente un recurso contencioso administrativo ante o xulgado do Contencioso Administrativo de Ourense -dentro do prazo de dous meses- .