NOTICIAS A LIMIA | A pandemia obrigará a Xinzo a celebrar un Entroido máis tradicional en diversos escenarios
Este 2022, o Entroido de Xinzo de Limia desenvolverase entre o día seis de febreiro -Fareleiro- e o seis de marzo -Piñata- , sendo un dos ciclos máis longos de todo o país.
Por mor da proximidade das datas, o Concello de Xinzo, xunto coa Comisión correspondente das festas, xa comezaron a traballar na organización e planificación da gran esperada celebración.
O Entroido desta tempada será algo diferente, pois deberá estar baixo medidas cautelosas para controlar a propagación do coronavirus. É por iso que a Concellería de Cultura propón unha festividade máis tradicional que volva aos seus orixes. Deberase prescindir de eventos multitudinarios -como os concertos- e ofreceranse diversos escenarios en función da nova normalidade. Así o explicou o concelleiro de Cultura, Ramiro Rodríguez, "aínda que as previsións con respecto á pandemia son optimistas, temos que pensar moito na organización" .
Para mañá ás 20:00 horas está prevista unha reunión aberta na Casa da Cultura da vila á que poderán asistir todos os veciños e veciñas que desexen colaborar nos preparativos do Entroido -e mesmo incorporarse á Comisión- . Ésta será unha oportunidade idónea para poñer en común diferentes ideas e comezar a programar os festexos.