NOTICIAS XINZO | Alba Feixóo irá na lista do BNG ao Congreso nas eleccións xerais
O BNG de Ourense levará nas súas listas ás eleccións xerais do 23 de xullo a unha cara limiá. Alba Feixóo, integrante da agrupación nacionalista en Xinzo, formará parte da lista electoral para o Congreso dos Deputados, ocupando o terceiro lugar. Feixóo é avogada, especializada en procesos contencioso-administrativos e en dereito financeiro, onde xa ten obtido éxitos notables. Ademais, exerce na súa vila natal.
A limiá ocupa o terceiro lugar por detrás de Noa Presas, quen é deputada no Parlamento de Galicia polo BNG; e Eugenio Quintas, concelleiro de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade de Verín. O BNG asegura que ten "opcións de sacar unha acta en Ourense por primeira vez", por iso seleccionaron a estas tres persoas de "alto nivel" para encabezar a súa lista.