NOTICIAS XINZO | O Concello ensina a elaborar ovos de pascua
Como parte da programación elaborada para a Semana Santa, o Concello de Xinzo de Limia puxo en marcha un obradoiro de decoración de Ovos de Pascua no que participaron máis de 30 persoas durante a primeira xornada.
Este terá lugar os días luns, martes e mércores pola mañá na Casa da Cultura en horario de 10:30 a 12:30. Durante o mesmo, tódalas persoas participantes aprenderán distintas técnicas para decorar o seu propio Ovo de Pascua artesán.
Como continuación deste taller, o xoves de 16:30 a 18:30 horas farase outro obradoiro para a elaboración de Ovos de Pascua de chocolate. Durante a sesión inaugural, o alcalde, Amador Díaz, e o concelleiro de Cultura, Carlos Gómez, achegáronse para ver de primeira man as distintas elaboracións feitas polas participantes do taller.