A Asociación A Pantalla é unha das organizadoras

NOTICIAS XINZO | A vila volverá aos anos 50 coa Feira das Mozas o 13 de maio

Mulleres bailando na Feira das Mozas do pasado ano. | FOTO: Noelia Caseiro.

A Feira das Mozas repetirá un ano máis, e xa serán dous, en Xinzo. O 13 de maio volverán os anos 50 ás rúas da vila para festexar este evento tradicional que acada a súa segunda edición. A Asociación A Pantalla, unha das que a organiza, segue a traballar para crear un trasfondo cultural, histórico e etnolóxico entre a veciñanza limiá.

No 2022, organizouse por primeira vez este evento e volverá para xerar un espazo de intercambio cultural e social, recreando as históricas feiras do 14 de maio en Xinzo, a Feira das Mozas. A música, os xogos e a artesanía estarán de novo na rúa e só se pide unha cousa, acompañar a esta festividade ataviados acorde coa ocasión, ao estilo dos anos 50.

 

A primeira edición, que estivo marcada por unha meteoroloxía que non acompañou, contou con varios grupos de gaiteiros que amenizaron a xornada polas rúas. Na Praza Maior, instalouse unha exposición sobre a historia das feiras e tampouco faltaron as pulpeiras. Pola noite, os bailes continuaron cunha boa verbena. 

Cartel que anuncia a II edición da Feira das Mozas de Xinzo.