NOTICIAS XINZO | O trompetista Juan Lois Diéguez ofrecerá unha clase maxistral na vila
A Escola de Música da Limia (EMSULI) acolle mañá unha clase maxistral de trompeta, que estará a cargo do trompetista José Lois Diéguez. Esta formación está dirixida a persoas que toquen este instrumento de vento-metal e, para participar, téñense que inscribir ao longo do día de hoxe no formulario que hai aquí.
O programa de actividades, que se desenvolverá en horario de mañá e tarde, conta con clases individuais, técnica, música de cámara, unha charla sobre extracto de repertorio e unha presentación e exposición de trompetas e fliscornos Adams. A clase maxistral rematará ás 20:30 horas cunha audición final.
Diéguez, trompetista de gran experiencia profesional, compaxina na actualidade o seu labor como profesor instrumentista da Banda de Música Municipal de Santiago co de director titular Banda de Música Santa Cruz de Ribadulla. Ademais, tamén colabora con formacións como a actualidade a Agrupación Harmonía, a Banda Filarmónica de Galicia ou a Banda Sinfónica de Galicia.