Asesoramento para persoas retornadas e emigrantes que desexen volver a Galicia

NOTICIAS XINZO | A Oficina Móbil de Retorno da Xunta chega á vila este martes

Oficina móbil de retorno.

A Oficina Móbil de Retorno estará en Xinzo de Limia o martes, 14 de xaneiro, para ofrecer asesoramento e atención personalizada ás persoas retornadas e emigrantes que desexen volver a Galicia.

Lugar: Praza Carlos Casares

Horario: de 9:00 a 14:00 horas

Os servizos dispoñibles inclúen:

• Información sobre programas de apoio ao retorno.

• Asistencia en trámites administrativos (sanidade, educación, seguridade social).

• Orientación laboral e validación de títulos obtidos no estranxeiro.

• Información sobre vivenda e cuestións tributarias.

Para garantir a atención, é preciso solicitar cita previa na ligazón: https://emigracion.xunta.gal/es/actividad/retorna/oficina-movil-cita-previa.