NOTICIAS XINZO | O Museo do Entroido reabre as súas portas de forma permanente ata 2024
O Museo Galego do Entroido (MUGAE) empeza hoxe unha nova etapa de normalidade. Este mércores reabriu as súas portas tras unha loga tempada de inestabilidade, con aperturas durante o pasado Entroido e no verán. "A semana pasada resolveuse a licitación, que remata o xaneiro de 2024, e neste momento estamos a traballar para valorar a situación actual do museo", explica Raquel Vázquez, membro do equipo que dirixe este espazo cultural.
O novo horario será de mércores a domingo, incluídos festivos, con apertura de 10:00 a 13:30 horas nas mañás e de 16:30 a 18:30 horas polas tardes. De cara ó verán, os responsables estudan unha posible ampliación do horario. Esta nova etapa do museo busca darse a coñecer fóra das súas instalacións, levalo á rúa, e por iso traballan na organización de actividades. "Estamos contactando con persoas coas que queremos contar e pechando axendas para comezar as actividades no próximo mes", sinala Vázquez. O obxectivo é ofrecer algún evento unha vez ó mes ou cada dous.
Polo momento, os responsables do MUGAE están poñendo "a punto as instalacións", despois dun longo período con varios peches. Comprobarán todas as necesidades que poida ter para garantir que o interior do museo esté "ben acondicionado". Unha vez superado isto, comezarían coas actividades coas que queren dar á coñecer na vila o e na contorna o MUGAE. "Queremos ofrecer un extra porque o museo está moi ben, pero hai moitas persoas que non saben o que temos. É o gran descoñecido da vila", engade Vázquez.