NOTICIAS XINZO | Ganade expón o traballo artesanal das mulleres no mundo téxtil
A Escola Rural de Saúde da Limia organizará o próximo sábado unha mostra téxtil baixo o nome de "Tecendo en Ganade, a identidade das mulleres e o tecido social nas súas mans". O centro social de Ganade é o lugar escollido para acoller esta exposición que se poderá visitar a partir das 16:30 horas.
Os tecidos que se amosarán serán antigos, pezas "únicas" que se fixeron a man ou en tear, incluíndo o proceso íntegro dende a plantación do liño ata a súa terminación. Na mostra tamén se poderán ver algunhas pezas con máis de 150 anos de historia, que foron protexidas ao longo do tempo.
A Escola Rural de Saúde da Limia leva 11 anos promocionando a saúde e a igualdade, pero tamén apreciou como as mulleres participan e se reencontran en centros sociais. O tecido, o corte e a confección son unha axuda para diminuír a soidade e foron, históricamente, actividades que fortaleceron núcleos familiares e sociais, e incluso chegaron a desenvolverse como extraordinarias artistas e artesás.
Estes son algúns dos motivos para organizar esta mostra. Ademais, existe outro tecido, o "social", que é un "entramado natural que nos define a nosotros y a nuestra identidad y personalidad, las mujeres podemos hacer de esa identidad y de nuestras actividades tradicionales una fortaleza", apuntan dende a asociación.
A mostra conta coa colaboración de empresas de corte social como "Ágora", de Sonia Trigo, en Xinzo, que permitirá ensinar algúns tecidos. A migración galega e as súas mulleres tamén participarán grazas a Marcia Diéguez, a través da dirección de Cultura do Centro Espanhol de Santos, en Brasil, e a fortaleza virá da man de Matilde Gándara, creadora do "Museo-casa Mati".