Os días importantes serán o xoves e o venres

NOTICIAS XINZO | A parroquia de Santa Mariña celebra a Semana Santa con varios actos litúrxicos

Procesión deste Domingo de Ramos en Xinzo.

A Semana Santa xa deu comezo en Xinzo coa procesión e a misa do Domingo de Ramos, que deu inicio aos actos litúrxicos que terán lugar na parroquia de Santa Mariña. A Igrexa Nova encheuse nesta primeira importante data e decenas de persoas se congregaron para vivir a procesión de Ramos polas rúas da vila. Ao longo dos vindeiros días, especialmente o Xoves e o Venres Santos, haberá misas e procesións para vivir a paixón de Cristo.

O Xoves Santo terán unha xornada de confesións na Igrexa Nova de Xinzo entre as 10:00 e as 13:00 horas. Pola tarde, ás 19:00 horas terá lugar a celebración da Última Cena e a procesión de "Xesús na horta". Os últimos actos litúrxicos do día serán ás 23:00 horas coa Hora Santa Parroquial e ás 00:00 a Adoración Nocturna.

Misa de Ramos na Irgexa Nova, na que estiveron presentes varios cargos públicos da vila.

 

O Venres Santo comezará ás 10:00 horas con laudes e adoración, para dar paso ás 12:00 ao Viacrucis para os nenos. Xa na tarde, ás 19:00 horas celebrarase a Paixón do Señor e ás 21:00 a procesión do Santo Enterro. Os actos litúrxicos do sábado comezarán ás 10:00 coa oración con María e ás 12:00 co Viacrucis parroquial. A xornada rematará coa Solemne Vixía Pascual ás 22:00. A Semana Santa rematará o Domingo de Pascua con dúas misas ao longo do día, unha ás 12:00 e outra ás 20:00 horas.

Cabeza da procesión de Ramos deste domingo.