NOTICIAS XINZO | José Manuel Estévez, novo inspector xefe da Policía Local
O Concello de Xinzo de Limia volve a ter un inspector xefe na Policía Local. Durante a reunión mantida este venres na Casa Consistorial, o alcalde de Xinzo, Amador Díaz, asinou a incorporación inmediata de José Manuel Estévez á agrupación da Policía Local.
José Manuel Estévez Franco, de 42 anos, naceu na Coruña e comezou o seu percorrido no corpo da Policía Local na cidade de Ourense, en 2012, para posteriormente converterse en oficial da patrulla planificada no Concello da Coruña.
Na actualidade, Estévez regresa á nosa provincia para ocupar o máis alto cargo da Policía Local en Xinzo de Limia, cubrindo a vacante que deixou Germán Bolaño despois da súa xubilación en 2021.
O rexedor local aproveitou o encontro para “desexarlle sorte e acerto neste novo reto cheo de responsabilidades”.