NOTICIAS XINZO | O BNG busca poñer freo a unha nova ameaza eólica na Limia
Camilo Vila, voceiro municipal do BNG en Xinzo, rexistrou a primeira moción do grupo neste mandato tras estudar o proxecto de intalación dun megaproxecto eólico que afectará a Trandeiras, Pena, Pidre, Solveira e Piñeira Sexa, entre outros lugares dos concellos de Sarreaus, Trasmiras, Laza e Cualedro.
O voceiro dos nacionalista explica que "queren poñer 18 muíños de 240 metros sen poder garantir que non nos van afectar á xente que vivimos aquí". Vila engade "son empresas privadas que queren chegar, encher e deixarnos a nós cos problemas de saúde, de que as nosas terras baixen o seu valor e de que perdamos auga e patrimonio pola súa ambición".
A moción dos nacionalistas buscar poñerlle freo ao avance deste proxecto, mentres non se contrate tamén coa propia veciñanza como a principal afectada. Someterase a votación no próximo pleno municipal, que terá lugar o 18 de setembro.
Por último, Vila destaca a necesidade de crear un novo Plan Estratéxico Eólico de Galicia, dado que o actual é de 1997, e tamén pola urxencia dunha tarifa eléctrica galega que obrigue ás empresas a discriminar positivamente a quen máis se prexudica cos parques eólicos.