O resto de forzas rexeitaron a moción na última comisión informativa

NOTICIAS XINZO | O BNG láiase do poco uso da lingua galega no Concello

O grupo municipal do BNG non recibiu o apoio de ningunha forza para que prosperase unha moción sobre a comunicación institucional.


Camilo Vila defendía na última Comisión Informativa da área de Cultura a necesidade de tomar medidas que lle permitisen á veciñanza comunicarse dun xeito pleno coa Administración local na súa propia lingua. O equipo liderado por Vila atopouse co bloqueo de Partido Popular, PSOE e Áxil, que botaron abaixo a proposta. 
O grupo nacionalista vén detectando como o galego se usa cada vez menos tanto na comunicación formal coma non formal na Casa Consistorial e en toda a produción que emana dela malia representar a unha comunidade formada por un 90% de galego falantes. 
 

 

A moción enumeraba unha serie de eivas a corrixir antes da celebración do día das Letras, extremo non conseguido. 
Vila lamenta que “para este Grupo de Goberno nin é prioritaria a lingua, nin a comunicación coa veciñanza, nin sequera a propia veciñanza”.