NOTICIAS XINZO | Toma nota das indicacións para desfrutar dun bo Oleiro
Dende a Asociación A Pantalla vémonos na obriga de apuntar certas notas aclaratorias para que tanto xogadores/as como veciños/as teñan toda a información pertinente da forma en que se procederá no Oleiro deste ano 2025.
O Domingo de Oleiro estará organizado conxuntamente entre o Concello e a Asociación, esta última de forma voluntaria e co afán de apoiar e axudar ó goberno, da igual as cores políticas deste, a que o Entroido se manteña e preserve dignamente.
Segundo as reunións tidas durante os últimos meses entre as dúas partes organizadoras e tendo en conta a opinión da meirande parte de xogadores/as que durante os anteriores anos son participes do xogo do Oleiro viuse a necesidade de buscar unha solución a unha problemática recorrente no noso Entroido: a masificación tanto de visitantes/espectadores como de xogadores/as das olas.
Nos últimos anos temos visto como o número de xogadores/as se ten incrementado facendo que o espazo de xogo, aínda incluso na Praza Maior, non chegua para facer un xogo ameno e, sobre todo, seguro, co impedimento que leva consigo xogar, literalmente, cóbado contra cóbado: sen ter marxe de xogo nin distancia para poder tirar as olas, nin moito menos para poder pasalas de forma segura, sen que os xogadores/as tropecen entre si.
No caso da Praza de Oriente, se cabe, o problema acrecentase máis dado o espazo tan reducido para xogar e o número de visitantes/espectadores que, logo de ver o xogo na Praza Maior, se aproximan a de Oriente, quedando reducida a área de xogo a moi poucos metros.
Por iso este ano se porá en marcha, sempre e cando os xogadores/as que estean reunidos na Praza Maior o vexan a ben e que o número de xogadores/as non sexa excesivo, de traballar un método por quendas que será da seguinte maneira:
- 1. Se o grupo de xogadores/as e superior a 25 participantes dividiranse en tantos grupos como sexa necesario para que todos estean cómodos e distanciados entre si.
- 2. Cada grupo poderá xogar tantas olas como número de persoas conforme o grupo e unha vez rotas todas as olas, entrará no xogo o seguinte grupo.
- 3. No caso de que o xogo de cada grupo se exceda moito no tempo, o redor dos 15 min. pasarase o seguinte grupo, para que todos poidan xogar o mesmo tempo.
- 4. Este proceso repetirase tantas veces como sexa necesario ata rematar coas olas previstas para cada zona de xogo.
- 5. Toda persoa que queira xogar poderao facer. Ninguén prohibirá que non sexa así. Soamente será necesario estar en condicións de poder xogar debidamente.
- 6. Os grupos serán o máis interxeracionais posibles para que tanto novos xogadores/as como experimentados poidan aprender uns dos outros.
- 7. Cada grupo posuirá dun distintivo especifico para facilidade á hora de organizar asquendas.
Cabe recordar que esta medida xustamente é para que todo o mundo poida ser participe do xogo das olas pois ninguén e dono e señor da tradición e discriminar por procedencia, sexo, anos, etc. vai totalmente en contra de calquera sociedade minimamente respectable e, por suposto, dun Entroido como o de Xinzo.
No tocante o corte de rúas, este ano non será maior que o ano pasado. As novidades radican en dúas realmente:
- O circulo de xogo da Praza Maior será incrementado na súa dimensión.
- A Praza de Oriente estará cortada directamente nas súas entradas, principalmente para mirar pola seguridade dos visitantes/espectadores.
O respecto e a liberdade de cada un remata onde comeza a da seguinte persoa e por iso é necesario, debido os tempos que estamos a vivir, de certas regras básicas para quen todos teñamos o noso lugar no Entroido, gocemos del e o sintamos noso.
Para calquera dúbida, estamos a disposición de calquera persoa que o precise.