NOTICIAS XINZO | A piscina climatizada mellora os seus servizos coa implantación dunha nova App
A piscina climatizada está a mellorar os seus servizos cunha importante actualización no sistema de xestión, co obxectivo de optimizar a experiencia de todos os usuarios. Para levar a cabo esta mellora, será necesario que todos os usuarios se dean de alta no novo sistema. Este paso resulta imprescindíbel para garantir un funcionamento máis eficiente das instalacións e unha mellor experiencia para quen as utilice.
Os usuarios poderán completar o seu rexistro de maneira sinxela, accedendo ao formulario online a través do seguinte enlace: https://deportexinzo.i2a.es/CronosWeb/Login. No caso de que prefiran, tamén teñen a opción de achegarse directamente ás instalacións para realizar o proceso.
A piscina climatizada agradece a colaboración e a paciencia de todos os usuarios durante esta fase de actualización.