Este domingo remata o prazo para participar na iniciativa "Mil libros, mil aventuras" do Concello de Xinzo
"Mil libros, mil aventuras" é o nome da campaña de fomento da lectura que, como actividade cara a celebración do Día do libro, puxo en marcha o Concello de Xinzo de Limia neste ano 2021.
A campaña, que será totalmente telemática, levarase a cabo a través das redes sociais do concello: Facebook, @xinzodelimia; Twitter, @xinzoconcello; e Instagram, @cultura_de_xinzo).
Para participar nesta campaña e optar o premio, calquera veciño de Xinzo con perfil real que sexa seguidor dalgunha das contas do concello citadas, únicamente terá que subir a unha das contas de internet do concello un post no que figure unha fotografía do seu libro favorito e unha mensaxe de animación á lectura, e etiquetalo co cancelo #DíadoLibroXinzo2021. Servirá unha fotografía da portada do libro ou un selfie con él.
A campaña rematará o próximo domingo, 25 de abril, e todos os participantes entrarán no sorteo de tres lotes de libros, ademáis de aparecer nun mural que se confeccionará con todas as mensaxes recibidas e que se exporá na Casa da Cultura.
Desconto nas librerías
Mañá, venres, día 23 de abril, polo Día Internacional do Libro, desenrrolarase outra iniciativa do concello en prol da lectura, que consiste na aplicación dun desconto do 20 % nos libros que se merquen ese día nas librerías da vila.
O desconto correrá nun 10% a cargo do Concello de Xinzo e noutro 10% das propias librerías que participan nesta actividade promocional.