Cinco kilómetros de pistas foron renovados
Rematou o arranxo de pistas en Morgade e Bruxueira
26 de abril de 2021 (12:49 h.)
Os lugares de Morgade e Bruxueira lucen mellor nesta mañá de lunes, dende que concello de Xinzo rematou o arranxo de varios viais deteriorados nestas localidades.
Os traballos centáronse na estrada que une un dos accesos ao centro da vila co lugar de Morgade, e na que comunica As Lamas e Bruxueira.
Os viais, que se encontraban moi deteriorados, con fochas e desgaste, foron asfaltados, bacheados e fíxose un perfilado das cunetas. Rematados os traballos, as pistas vense renovadas.
En total, foron máis de cinco kilómetros de obras, sendo a pista Lamas-Bruxueira a obra de máis entidade das dúas.