A Travesía da Moreira foi a vía alternativa

A rúa Sitibal, de novo, aberta ao tráfico

Arranxo provisional da Travesía da Moreira.

Despois de varios meses, os vehículos xa poden volver a circular pola rúa Sitibal unha vez levados a cabo as tarefas de pintado da sinalización horizontal. O concelleiro de Urbanismo, Ramón Gómez, declara que aínda "queda pendente o soterramento do cableado de Fenosa e Telefónica, no primeiro caso xa se xestionou a actuación. Ademais, estase en contacto con varios propietarios para levar a cabo o arranxo dos accesos". A intención era dotar a pista de servizos de saneamento, abastecemento, alumeado e beirarrúas. Os máis dos 40 titulares afectados accederon a cesión dos metros de fachada que lles pertencen para que a rúa contara con todos os servizos.

Mentres, a Travesía da Moreira supuso a vía alternativa. Polo tanto, o seu estado quedou un tanto danado. O Concello levou a cabo traballos para a súa mellora coa realización dun bacheado provisional á espera da excepción do proxecto de mais de 350.000 euros para facilitar o acceso a varias vías do entorno. Isto, supón un convenio entre a Deputación de Ourense, a Secretaría Xeral para o Deporte e o Concello de Xinzo de Limia que está na última fase de tramitación e que ademais, prevé a creación dun carril bici e unha senda peatonil duns 700 metros.

Mellora das pistas do municipio:

 

Realizáronse traballos de mellora nas pista de Os Castros que une a estrada N - 525 coa de A Devesa á altura do Gadis e a que comunica os lugares de SanVitorio e Ganade. O presuposto ascende a 14.520€.