O día 2 de novembro en Xinzo de Limia

Velaquí o programa da que quere ser a mellor festa de Samaín da provincia

Soraya López (LIMISI), Ana Lozano (CIvitas Limicorum), Marcos Argibay (Civitas Limicorum), Amador Díaz (alcalde), Ricardo Sieiro (concelleiro) e Lola Rico (Escola Rural de Saúde da Limia).

O Samhain dos Límicos celebrarase o 2 de novembro na Praza Maior de Xinzo de Limia, con actividades desde as 16:30 e ata as 02:00 horas, incluíndo eventos para nenos, rituais tradicionais e música en directo. Organizada polo Concello de Xinzo de Limia e a asociación Civitas Limicorum en colaboración con diferentes colectivos e asociacións como son: Fusion Fitness, Anpa Carlos Casares, Escola de baile Danzón, Limisi, a Escola Rural de Saúde e o Centro de Día de Xinzo.

Samáin Infantil:

  • 16:30 horas:
    • Apócema de druída
    • Obradoiro de cabazas
    • Pintacaras
  • 19:00 horas:
    • Chocolatada

Samhain Castrexo:

  • 20:00 horas:
    • Fusion Fitness
    • Academia Danzón
  • 20:30 horas:
    • Santa Compaña
    • Teatro "O Samhain dos Límicos"
    • Degustación de Caldo Castrexo
  • 22:00 horas:
    • Hora das Bruxas
    • Queimada ritual
    • Espectáculo de lume

Noite Xoven:

  • 23:00 horas:
    • Concerto de "Kaltee"
  • 00:00 horas:
    • DJ Paulo Seoane