En Xinzo non hai coronavirus
Boas novas hoxe en Xinzo de Limia. Despois de varios meses de loita contra esta pandemia, hoxe, 28 de maio, Xinzo sitúase cun marcador a cero de casos de Covid - 19. A alcaldesa da localidade declara, fai apenas uns minutos, na súa conta de Facebook que "a responsabilidade individual e colectiva, o respeto as normativas sanitarias e o traballo dos profesionais sanitarios na atención e na vacinación, fan posible que poidamos anunciar que temos ceros casos de covid". Hoxe, a situación que hai neste municipio deixa espazo para manter a esperanza e o optimismo para derrotar ao virus.
Os datos de Covid - 19 na comarca da Limia son os seguintes:
- Baltar, Os Blancos, Calvos de Randín, Porqueira, Rairiz de Veiga, Sarreaus, Trasmiras, Vilar de Santos e Xinzo de Limia: cero casos
- Sandiás e Vilar de Barrio: un caso.
Á vista dos datos, as medidas de prevención e o avance na campaña de vacinación contra a Covid -19, van facendo efecto positivo contra a pandemia SARS- CoV2 orixinada dende o pasado mes de marzo do 2020.