Xinzo quere mellorar a estética da vila co concurso "XINZOENFLOR 2021"
O Concello de Xinzo de Limia abre o prazo para participar no segundo concurso de Embelecemento de Balcóns e Xanelas "XINZOENFLOR 2021". Dende a Casa Consistorial afirman que esta iniciativa é para mellorar a calidade ambiental e estética do entorno. Poden participar nesta acción toda a cidadanía da localidade. Para poder inscribirse hai que encher e entregar os impresos de solicitude de participación con todos os datos ao correo electrónico concursos@xinzo.gal ou deixalo de maneira presencial no primero andar en Información na Casa do Concello. O prazo remata o próximo 15 de agosto ás 14:00 horas.
Para premiarse o balcón ou a xanela máis bela hai que usar plantas vivas e teñen que ser visibles dende a rúa. Valoraránse a orixinalidade e creatividade da composición, calidade ornamental, harmonía e deseño do conxunto e laboriosidade.
Premios:
Haberá dous premios para cada unha das seguintes categorías:
- XINZO VILA: dous bonos de 100€ para utilizar en comercios de Xinzo.
- XINZO POBOS: dous bonos de 100€ para utilizar nos comercios de Xinzo.
O fallo do xurado será o 30 de agosto. O xurado do concurso estará integrado por un representante de cada grupo municipal e por tres veciños que queiran participar. Finalmente, o Concello notificará as persoas gañadoras por teléfono e publicará os nomes na páxina web municipal.