A inversión contemplada é de 350.000€

Xinzo repara 400 lousas no casco vello

Reparación de 400 lousas no casco vello de Xinzo.

Xinzo segue coa reparación das rúas da localidade. Reparáronse ao redor de 400 lousas no casco vello co obxectivo de evitar que os viandantes sufran caídas ou lesións. Unha vez que os traballos rematen na rúa Galicia e Constitución está previsto que os operarios se desprazen a San Roque e á Praza de Oriente. A alcaldesa da localidade, Elvira Lama, e o edil de Infraestruturas, Rafa Penabad, supervisaron as obras. O executivo local prevé que estas melloras rematen a mediados do mes de xullo.

Este proxecto foi presentado á Xunta de Galicia dentro do Plan Hurbe. A inversión contemplada é de 350.000€ dos que a Administración aportaría o 70%. O Concello comenzou o traballo cun presuposto de máis de 47.000€ para a sustitución de 800 lousas no casco vello, á espera de que a Consellería de Medio Ambiente dea luz verde para levar a cabo unha actuación máis completa.