O Concello reparará 800 lousas no casco vello de Xinzo
Comenzan as obras de reparación dunhas 800 lousas en pleno corazón da vila. As obras realizaranse dende a rúa do Peto, pasando pola Praza, rúa San Roque e a zona dos viños, en concreto, as rúas Lepanto, Constitución, Galicia e Santa Mariña. A alcaldesa, Elvira Lama, e o concelleiro de Urbanismo, Ramón Gómez, percorreron a as zonas para supervisar os traballos.
Dende a institución afirman que estas obras son “una necesidade urxente pola demora da subvención do Plan Hurbe”. O proxecto pretende a rehumanización do casco histórico comenzando polas rúas principais: Galicia, Lepanto e Constitución. A inversión que se contempla é de 350.000€. O Concello espera que a Consellería de Medio Ambiente dea luz verde á axuda solicitada para poder realizar unha obra máis completa. De momento, o executivo local conta cun presuposto de casi 50.000€. Dende a Casa Consistorial esperan que os resultados poidan verse nas próximas semanas.
Iluminación e mobiliario urbano:
Prevén levantar a liña central de pedra das rúas e aplicar un material de achega compactado. Ademais disto, substituiranse as luminarias e eliminarase o cableado. Tamén se contempla colocar novo mobiliario urbano como, bancos, xardineiras e novas papeleiras.