Xirarán sobre os coidados paliativos

Xinzo retoma as xornadas sociosanitarias este sábado na Casa da Cultura

Cartel das xornadas sociosanitarias que comenzarán este sábado na Casa da Cultura de Xinzo.

Despois dun parón a causa da Covid - 19, este sábado a partires das 9:45 horas volven a retomarse as xornadas sociosanitarias baixo o lema "Acompañando ao longo da vila". Este proxecto está premiado coa beca de Medicina Rural pola Asociación de Médicos Galegos e a Sociedade Española de Médicos Xerais e de Familia. Estas iniciativas están deseñadas para favorecer o encontro dos axentes que atenden á poboación e os veciños para describir problemas relacionados coas enfermidades e a forma de afrontalos. 

Haberá difusión de coñecementos e experiencias grazas a unha docena de poñentes que acudirán a esta cita. A encargada de dar comenzo a estas xonardas será a alcaldesa de Xinzo, Elvira Lama. A programación estará composta por duas mesas redondas. 

A primeira mesa versará sobre os procedementos nos coidados do paciente. Trataranse temas como a morte eticamente asistida ou a nutrición en persoas maiores e en pacientes en situación paliativa

A segunda mesa estará composta por médicos, traballadores sociais e familiares de pacientes que falarán sobre os prexuízos en coidados paliativos ou os coidados e a toma de decisóns ao final da vida. A clausura correrá a cargo do xerente da área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, Félix Rubial, ás 13:30 horas. 

Inscripcións:

 

Os interesados en participar poden inscribirse chamando aos teléfonos 604 078 053 ou ó 988 461 442 ou enviando un email a cultura@xinzo.gal