Evento
AXENDA | Xinzo celebra o Día da Xuventude con escapismo, música e moito máis
O vindeiro sábado 07 de setembro vaise celebrar en Xinzo o Día da Xuventude, Terá lugar na praza Carlos Casares durante a tarde, de 16:00 a 21:00 horas. As actividades están deseñadas para mocidade de entre 12 e 35 anos, aínda que os nenos e nenas menores de 12 anos que asistan como acompañantes teñen dispoñible un espazo de construción para pasar un bo rato.
Os mozos e mozas poderán facer un xogo de escape e realidade virtual no taller de concienciación ambiental, tiro con arco en lecer educativo, participar nun obradoiro de arte colaborativo a través do graffiti ou asistir a unha demostración culinaria no espazo de gastronomía saudable entre outras actividades, as persoas que completen os xogos e dinámicas poderán levar un agasallo do Día da Xuventude.
Como peche do evento de 20:30h. a 21:00 horas haberá unha actuación a cargo do DJ Pablo Seguín.