Evento
AXENDA | Actividades para promocionar a saúde en Porqueira
21/9/23
a
27/9/23
16:00
a
16:00
Salón de Actos do Concello de Porqueira e Local Social de Paradela
21 de septiembre de 2023, 12:56
A Escola Rural de Saúde da Limia levará a cabo varias actividades en Porqueira nestes días. A primeira será esta tarde, ás 16:00 horas no Salón de Actos do Concello, na que se falará sobre o alzheimer no día mundial desta enfermidade neurodexenerativa. A enfermeira Elisa Cadaya será a encargada de impartila.
A segunda das charlas terá lugar o próximo mércores día 27 de setembro e, nesta ocasión, celebrarase no Local Social de Paradela. Abordaranse temas como o rural, a calidade de vida e a alimentación saudable, polo que contarán con farmacéutico e nutricionista Pablo García Vivanco para impartila. Para rematar, desfrutarán dunha andaina pola contorna.