sábado. 23.11.2024

Evento

AXENDA | 'Loita Pediátrica da Limia' convoca unha asemblea aberta á veciñanza

23/11/24
20240308 Loita pediátrica A Limia, asamblea

A plataforma Loita Pediátrica da Limia vén de convocar unha asemblea aberta á cidadanía da comarca co obxectivo de analizar a situación que está sufrindo a atención médica infantil na comarca.

O emprazamento xorde coa intención de implicar e facer partícipes a todas as familias da Limia na loita en beneficio dunha sanidade pública de calidade na comarca nunha semana na que a cativada non conta cun especialista en Pediatría que poda atendela.

A asemblea celebrarase no Salón de Plenos do Concello de Xinzo o venres, 8 de marzo, ás 20:00 horas.