Evento
AXENDA | Borxa Colmenero presenta o seu último ensaio no Museo da Limia
6/4/24
a
6/4/24
18:00
Museo do Limia, Vilar de Santos.
4 de abril de 2024, 12:27
Xornada literaria no Museo da Limia coa presentación do libro "O governo neoliberal da vida", de Borxa Colmenero Ferreiro.
Doutor en dereito e investigador da Universidade da Coruña no grupo ECRIM (Criminoloxía, Psicoloxía xurídica e Xustiza penal no século XXI), o autor natural de Vilar de Santos dará a coñecer o seu ensaio nun encontro que contará coa presenza de Xosé Manuel Pérez Bouza e Roberto Abuín.
O evento terá lugar na sede do Museo da Limia o vindeiro sábado, día 6, ás 18:00 horas.