Evento
AXENDA | O espectáculo "Camiñantes e Cantantes" chega a Xinzo
25/7/23
a
25/7/23
21:00
a
23:00
Barrio do Polígono 2 de Xinzo
19 de julio de 2023, 13:39
A programación cultural de verán en Xinzo contará cun especial espectáculo musical este 25 de xullo, Día de Galicia. "Camiñantes e Cantantes", de La Ocaband, fará unha parada na vila, concretamente no barrio do Polígono 2, na rúa Río Arnoia.
Esta proposta contará coa participación de Manuel Manquiña, Pepo Suevos e Pili Pampín que, xunto cos membros da formación musical, cantarán e bailar coa música galega, uníndoa co Camiño de Santiago. A entrada é libre e o espectáculo comezará ás 21:00 horas.
Antes, ás 20:30 horas, terá lugar a tradicional ofrenda florar no Parque de Galicia. A formación de música tradicional Tarde Piache acompañará neste simbólico acto.