Evento
AXENDA | Xinzo vibra ao compás da Capoeira

O Club Deportivo Andarue reúne un ano máis aos seus alumnos de Ourense, Allariz, Xunqueira de Ambía e Xinzo de Limia para unha xornada de Capoeira aberta ao público. O evento terá lugar o sábado 22 de marzo, de 10:00 a 19:00, no pavillón de deportes de Xinzo de Limia.
Pola mañá, grandes Mestres de Brasil impartirán cursos especiais, mentres que pola tarde celebrarase o cambio de grado dos alumnos. Participarán 50 convidados destacados, entre eles Contramestres e Profesores de distintas partes de Galicia, Portugal e Valencia.
Organiza o Club Deportivo Andarue, con colaboración do Concello de Xinzo de Limia, Concellería de Deportes e Escola Rural de Saúde da Limia. A entrada é de balde, convidando a todos a gozar da música, a arte marcial e a enerxía desta disciplina que promove o deporte, a integración e a cultura.
